O ente público prepárase para negociar o plan de axuste máis duro da súa historia. Os principais xerentes da cadea refírense a él como o "gran tsunami".

RTVE vense na obriga de despedir a un número elevadísimo de persoal para non poñer en risco a supervivencia da radio e televisión pública. En total, 3.133 profesionais, 39% dos traballadores fixos, terán que abandoar os seus postos de traballos nun periodo breve de tempo.

A SEPI aspira a que o recorte de persoal non sexa traumático nin xere unha espiral de protestas, pero os sindicatos de traballadores de RTVE xa teñen previstas movilizacións.

Este recorte de plantilla virá acompañado de peches de emisoras de radio, e unha reducción de peso dos centros territoriais de TVE.

Como dato a ter en conta, TVE comparada coas televisiós publicas europeas é a que menos empregados ten, polo que agora quedará sumida nun posto irrisorio en canto a creación de emprego, e incluso en canto a calidade.

Outro dato anecdótico é que o destino do Coro e a Orquesta Sinfónica de RTVE todavía están pendentes da decisión dos xerentes, quedando así o seu futuro inmediato totalmente no aire.