Fai uns días fun ó cine coa intención de ver a película Crash. A verdade é que soamente escollemos este film porque gañara o Oscar e picábanos a curiosidade. Cal foi a nosa sorpresa cando nos atopamos ante unha longametraxe preciosa, conmovedora, con moito ritmo, e que trata uns temas ós que as películas americanas non nos teñen moi acostumados. A verdade é que despois de rirnos e dalgunha que outra bágoa (XD) abandonamos a sala coa impresión de que acababamos de ver o que posiblemente no futuro sexa un clásico, unha pelicula de culto.

Persoalmente, esta película cómese por todos lados ás outras nominadas ós Oscars, e sobor de todo a unha decepción coma foi Brokeback Mountain.

Pero hoxe lin un artículo en EL PAÍS que me deixou sorprendido. Falaba da repercusión social que tivo esta película na sociedade americana, e sobre todo na poboación de Los Ángeles.
Segundo o articulo, Crash dicivía a poboación en dous bandos, xerando así un diálogo entre os angelinos sobre os problemas da súa cidade.

Así os defensores do film resaltaban que o mesmo reflexaba totalmente a vida na gran urbe, os seus problemas sociais, racistas, económicos etc.
Entre os defensores do mesmo están ó alcalde da propia cidade Antonio Villaraigosa, o politico de orixe latino con máis poder nos EE.UU; ou o xefe de policía William Bratton, que recomendou ós seus axentes que a foran a ver. Tamén un dos principais defensores da película é Tom Hayden (ex-político e activista social, ex-esposo de Jane Fonda) que así o expresa no seu blog.
.
Mentres, os detractores da longametraxe sinalan que é unha caricatura da propia cidade, feita por xente que vive en barrios coma Beverly Hills, e que non ten nin idea do que se coce nos barrios compostos por diferentes etnias, e din que estas conviven perfectamente en paz.

No medio destas dúas posturas existe xente que opina que a película e iso, unha simple obra de arte que ten elementos totalmente realistas e outros quizais, un tanto estereotipados.

Pola súa parte gran parte da comunidade artística Hollywoodiana cuestiona o seu Oscar, de feito moitos críticos de cine non o admiten.

O que si está claro é que polo menos esta película contribuiu para xerar un debate social, sobre a comunicacion entre culturas e etnias, que chegou ata as altas esferas e ás portadas dos periódicos, e que abofé facíalle falla á cidade volver a plantexarse dende que se crían superados os disturbios raciais dos 90'.

Como remate deste post, volver a insitir en que na miña opinión atopámonos ante un películón que non se vos pode pasar de ver. Recomendado especialmente.
En canton ó Oscar, para min, de sobra merecidísimo. Aquí tedes o trailer orixinal en inglés.